CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Ourense sitúase preto dos 1.500 casos activos e tres concellos en risco alto

Publicado o 15/07/2021 14:43

A área sanitaria de Ourense segue sumando casos coa incidencia por riba da media galega e non está previsto que baixe nos próximos días. Aumenta esa presión hospitalaria, 18 persoas en planta e tres na unidade de coidados intensivos. Dous dos máis críticos son menores de 40 anos.

As medidas cambian a partir do sábado, a hostalería ten que volver pechar no interior. Tamén os empresarios do ocio nocturno, preocupados, terán que volver baixar a reixa.

Esta tarde comeza un cribado para mozos de Ourense e Barbadás que se vai prolongar ata mañá polo éxito da autocita. Están previstas seis mil probas.

Noticias web

15/07/2021