A área sanitaria de Ourense e a propia cidade lideran o descendo de casos en Galicia
A área sanitaria de Ourense arranca a cuarta semana consecutiva con descenso de casos. O número de positivos xa baixou do milleiro, 832 concretamente. Unha boa evolución que vai parella a da capital que pasou de ser o cidade con maior incendencia de Galicia a estar por debaixo dos 300 positivos neste intre. Preocupa a sitaución nos hospitais onde hai 37 ingresados, 8 deles na UCI. Segue a medrar a idade dos hospitalizados en planta. Máis do 90 por cento teñen máis de 70 anos.
Foi o 25 de xullo cando a área sanitaria de Ourense acaba do pico desta quinta onda con máis de 2.300 casos. Dende aquela o número de contaxios non deixou de baixar
Xa son 23 os concellos ourensáns onde non se rexistran casos novos nas últimas dúas semanas. Iso sí a idade dos hospitalizados é cada vez maior xa que o que comezou como gromos sociais afectando a xente mais nova trasladouse ao ambito familiar contaxiando aos maiores. Neste intre tan só 3 dos ingresados en planta son menores de 70 anos.
As vacinas conseguiron reducir as hospitalizacións a un terzo das que había en febreiro cun número semellante de casos.
Haberá que agardar un par de semanas para ver a posible incidencia desta fin de semana festiva na evolución dos contaxios.