A área sanitaria de Ferrol reduce os seus contaxios diarios en máis dun 50 %
A área sanitaria de Ferrol suaviza a súa curva e experimenta unha notable mellora. Con todo, hai algún concello que segue subindo o número de contaxios.
Dos 20 concellos que forman parte da área sanitaria de Ferrol sobe Fene 47 novos positivos durante os últimos 14 días e preocupa especialmete Neda, con 14 novos diagnosticados durante esta fin de semana, o que eleva a súa incidencia acumulada a 276 por cada 100.000 habitantes.
Na área sanitaria en xeral as cifras descenden porque tamén hai xente curada, pero as autoridades insisten en que seguen aparecendo novos contaxiados. Aparecen a menor ritmo: se diariamente antes aparecían 100, agora aparecen 40 ou 50.
Neda é un dos concellos, dos 20 que forman parte da área sanitaria de Ferrol, onde soben os contaxios. Entre os veciños hai preocupación porque non saben a que se debe este aumento.
Rosa que leva 35 anos á fronte do seu ultramarinos cóntanos que o seu negocio vai ben, malia todo.
Onde notan moito a baixada das vendas é nas panaderías polos peches perimetrais que lle restaron afluencia de clientes.
Tamén se resente o sector dos taxis con todo a ser espazos máis seguros. A Marcos os ingresos baixáronlle un 60 %.
Nunha situación ben diferente está Antonio. O seu negocio mellorou grazas á pandemia.