CRTVG

Buscar

A área sanitaria Santiago-A Barbanza supera os 3.000 casos activos

Publicado o 25/01/2021 14:20

Con case 300 novos contaxios, a de Santiago-A Barbanza é a terceira área sanitaria con maior número de infectados. Hoxe supéranse os 3.000 casos activos.

Nas últimas 24 horas fixéronse algo máis de 2.500 probas PCR. Nos hospitais hai 13 enfermos máis ca o día anterior. En total, 154, dos cales 32 están en unidades de coidados intensivos.

A incidencia do coronavirus é alta. No concello de Santiago diagnosticáronse 706 novos casos nos últimos 14 días, unha cifra que supera a media galega.

Desde o principio da pandemia contaxiáronse case 15.000 residentes na área de Santiago-A Barbanza e 243 morreron pola covid.

Noticias web

25/01/2021