CRTVG

Buscar

A área metropolitana de Vigo péchase á súa contorna ata o martes

Publicado o 31/10/2020 15:47

Por exemplo, nas rúas, máis baleiras do habitual. Nas conversas entre amigos, a máis distancia porque non son conviventes e, sobre todo, no silencio, na ausencia do balbordo que caracteriza a cidade.

Tamén o notan os hostaleiros e os comerciantes. Porén, acatan con resignacion unhas medidas coas que contaban a maioría, ante a evolucion da pandemia.

E para evitar incumprimentos... controis policiais nas entradas e saídas a Vigo dende outros concellos

Controis nos que non se rexistraron incidentes ou incumprimentos de importancia pero si algúns despistes.

Toca dar a volta e, aínda que só sexa por uns metros, respectar os límites do concello vigués. Haberá que facelo uns días máis. Fronteiras fisicas e psicolóxicas, ás distancias e aos afectos, cun obxectivo, protexer vidas.

 

 

Noticias web

31/10/2020