CRTVG

Buscar

A área metropolitana compostelá, preocupada pola evolución da pandemia

Publicado o 29/10/2020 15:19

En Galicia, o comité clínico segue ao detalle a evolución dos datos da covid-19 na área sanitaria de Santiago e A Barbanza, que hoxe volven superar a barreira dos 100 novos positivos confirmados por PCR, 113 casos máis en total, despois de varios días por baixo dos 100.

Unha escalada que deixa xa en 1.250 o número de positivos. Os niveis de incidencia son preocupantes, os máis altos na propia cidade, que parece que se estabilizou arredor dos 400 casos por cen mil habitantes.

O salto cualitativo das últimas horas dérono en Teo, onde teñen xa o dobre de casos que a semana pasada. Ante esta situación, a pregunta, polo momento sen resposta, é ata que punto se van endurecer as restricións.

Os concellos de Ames, con máis de cen casos, e de Teo, con máis de 60, xa levan días coas barbas a remollo, despois de ver a veciña cidade de Santiago e O Milladoiro coas reunións restrinxidas só aos conviventes. Unha restrición que, xa dan por feito, se estenderá este venres a estes dous municipios da área metropolitana compostelá.

 

 

 

Noticias web

29/10/2020