A área de Vigo, a que máis contaxios acumula, ten o obxectivo de dobrar a curva
Galicia prepárase para estas restricións inevitables e que afectarán centos de milleiros de galegos. Entre eles, os veciños das áreas máis poboadas, como a de Vigo.
As novas restricións entrarán en vigor esta medianoite e en concellos como este de Gondomar xa se deixan notar. Máis silencio e menos xente pola rúa.
Gondomar pecharase perimetralmente xunto con Vigo, Redondela, O Porriño, Mos e Nigrán. Os cidadáns poderán moverse por estes concellos e só poderán saír desta área por causa xustificada.
Dende os concellos as mensaxes son de tranquilidade e de ánimo para unha cidadanía que é fundamental para frear os contaxios.
Concellos, todos eles, que forman parte da área sanitaria de Vigo, que suma 154 novos positivos. Esta área supera os 2.400 casos activos e incrementa o número de hospitalizados tanto en planta como na UCI.