A área de Pontevedra supera o milleiro de casos activos e a de Vigo os dous mil
Unha das áreas que peor evolucionan nestes últimos días é a pontevedresa. Con máis de cen novos positivos rexistrados, Pontevedra supera xa o milleiro de infectados.
Nesta primeira fin de semana de confinamento perimetral e de restricións sociais, na zona de Pontevedra non houbo que lamentar incidencias importantes.
Concretamente, nesta área sanitaria xa se supera o milleiro de casos activos e hai que sumar 109 novos contaxios nas últimas 24 horas, sete menos que onte.
Igual que a área sanitaria de Pontevedra, Vigo suma 155 novos positivos e pasa dos dous mil casos activos.
Tamén son cifras moi altas, pero aquí hai un lixeiro descenso no número de novos positivos, dez menos que onte.
O que non baixa na cidade é o número de denunciados, quince na noite do sábado ao domingo por xuntarse con non conviventes na rúa, pero tamén en domicilios particulares con festas de aniversarios.