CRTVG

Buscar

A área de Lisboa, foco de atención en Portugal tras detectar outro brote

Publicado o 02/06/2020 15:46

Nun barrio de Azambuja, a 50 km da capital, 9 persoas deron positivo en coronavirus e agora estanlle facendo as probas ao resto de veciños que viven no edificio que teñen moito contacto entre eles, son un total de 40 persoas.

A situación non preocupa tanto polo número de positivos senón pola pouca disciplina que presentan os infectados. Unha vez deron positivo 5 deles foron sorprendidos de paseo na localidade veciña de Santarém.

É por isto que o alcalde de Azambuja lles pide ás autoridades sanitarias que cerquen o barrio, aínda que a ministra de Sanidade opina que non ten sentido. Este brote súmase a outros aparecidos na área de Lisboa na última semana de onde practicamente saen xa todos os positivos que se localizan en Portugal. Nas últimas 24 horas 200 positivos e 14 mortos. 

Noticias web

02/06/2020