CRTVG

Buscar

A área da Coruña comeza o cribado con probas en Abegondo e Bergondo

Publicado o 16/08/2020 20:36
A área da Coruña comeza o cribado con probas en Abegondo  e Bergondo

Este luns comeza na área da Coruña o cribado a colectivos especialmente expostos ou sensibles á enfermidade. De feito xa se concederon as primeiras citas para realizar as probas nos concellos de Abegondo e Bergondo. Serán mañá pola tarde e despois ao longo da semana continuarán noutros concellos da área sanitaria. Entre os colectivos aos que se lle realizarán estas probas estarían aquelas persoas incluídas no grupo de idade de entre 18 e 40 anos. O obxectivo final do cribado é localizar pacientes asintomáticos que poderían transmitir a enfermidade sen saberlo.
 

Noticias web

16/08/2020