CRTVG

Buscar

A Arca da Noe, en Vilar de Santos, a mellor sala de concertos de Galicia

Publicado o 05/08/2019 12:01

Visitamos a Arca da Noe, unha taberna cultural situada no concello ourensán de Vilar de Santos e que celebra o seu quinto aniversario.

Capitaneada pola súa dona, Noemí Vázquez, conseguiu converterse na mellor sala de concertos de Galicia en 2016, premio Martín Códax da Música. Máis de 500 grupos pasaron pola súas táboas nestes anos, pero o seu principal mérito é ser un punto de encontro interxeracional e de difusión da cultura e a arte nunha aldea do rural da comarca da Limia.

E a banda de rock pontevedresa Nao tamén quixo estar no quinto aniversario da Arca. Xa saben, ata finais de ano a Arca da Noe xa ten a axenda completa, con dous concertos cada fin de semana.

 

Noticias web

05/08/2019