CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A aposta galega pola especialización convence no Salón de Alimentación de París

Publicado o 18/10/2016 21:31


Unha trintena de empresas galegas participan estes días no Salón Internacional de Alimentación de París. Francia é un país moi importante para as exportacións galegas. Os franceses valoran moito a calidade dos alimentos.

As trinta empresas galegas que participan estes dias no Salón Internacional de Alimentación de París teñen claro que a innovación e a diferenciación son básicos para o éxito dos seus productos. Diferenciarse, é, por exemplo, apostar pola paella galega de chourizo.

A diferenciación é, tamén, buscar novos mercados. En Camariñas levam tempo facendo conservas kosher, para o público xudeu.

En París, os productos galegos convencen os clientes internacionais. Ademais de servir de escaparate, este encontro bianual entre profesionais sirve tamén para levar a cabo importantes encontros comerciais.

O cliente francés, polo que contan os expositores, valoran a elevada calidade do producto galego. A valoración dos comerciantes, en liñas xerais, ata o momento, é boa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

18/10/2016