CRTVG

Buscar

Bos días

A aplicación SVISUAL elimina barreiras no día a día das persoas xordas

Publicado o 19/09/2017 09:48

Facer a compra vai ser un pouco máis fácil para as persoas xordas grazas ás novas tecnoloxías. Unha aplicación permítelles ter un intérprete de lingua de signos en tempo real no seu móbil ou tableta. Unha ferramenta pensada para eliminar barreiras que xa está dispoñible en sete hipermercados galegos.

Se todos temos dúbidas á hora de comprar un televisor, imaxinen como é para persoas xordas como Eduardo, sen poder consultalas co vendedor. Unha barreira que agora vai poder eliminar grazas á aplicación SVisual, un intérprete de lingua de signos en tempo real que permite unha comunicación fluída á hora de facer a compra.

Iker Sertucha, presidente da Asociación de Persoas Xordas de Galicia

A ferramenta foi deseñada pola Fundación Estatal de Persoas Xordas e conta co apoio da Fundación Carrefour, que a presentaba esta mañá en Santiago. Malia que neste caso se emprega para as compras, a aplicación pode ser de ultilidade en moitos outros ámbitos do día a día.

Jose Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social
María Cid, directora da Fundación Carrefour

O servizo de videointerpretación vai estar operativo en sete hipermercados da cadea en Galicia, 77 en toda España, co obxectivo de garantir un servizo en igualdade de condicións para todos os clientes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

19/09/2017