A aplicación Galicia Nomeada recupera máis de vinte mil topónimos
"Máis topónimos que galegos é posible que si, téñense feito moitas veces cálculos de cantos topónimos hai por quilómetro cadrado, extrapolando iso, pode haber uns tres millóns de topónimos", asegura Antonio Santamaría membro da RAG.
"Se recuperamos dous millóns que é o obxectivo que temos en 5 anos non estaría nada mal. Non coñecemos unha rexión no mundo que teña esta densidade de nomes", indica Vicente Feijoo, coordinador do proxecto.
Para evitar que a microtoponimia galega caia no esquecemento, botaba a andar hai nove meses a plataforma Galicia Nomeada. Neste tempo a aplicación rescatou algo máis de 20 mil nomes froito das achegas feitas pola propia cidadanía.
"Falan dos animais salvaxes que habitaron os nosos montes, do tipo de vexetación, de plantas de árbores, dos modos de vida da xente das crenzas da xente, da nosa historia" indica Vicente Feijoo.
En Galicia as leiras, os regatos, e mesmo os penedos do mar teñen nome, agora de xeito sinxelo e a través do telefono móbil ou do ordenador, podemos facer a nosa contribución.
" É un proxecto que relaciona as xeracións, porque os que coñecen a toponimia son as xeracións máis vellas e os que coñecen as tecnóloxias son as xeracións máis novas", sinala Valentín García Secretario xeral de Politíca Lingüística.
A Real Academica Galega e a Administración galega móstranse satisteitos da acollida deste proxecto no que colaboran xa máis de 1.600 voluntarios.