A apertura de Conxemar provoca importantes atascos na AP-9
Publicado o 01/10/2019 12:48
As vías de acceso ao Instituto Feiral de Vigo colapsáronse hoxe pola grande afluencia de vehículos que se dirixían á feira Conxemar.
Producíronse retencións quilométricas nos accesos dende a AP-9 dende primeira hora da mañá, o que obrigou a Garda Civil de Tráfico a intensificar a sinalización para previr as colisións por alcance.
Os atascos producíronse nos dous sentidos, e nalgún caso chegaron ata a ponte de Rande. Tamén se produciron retencións na A-55. Os atascos máis importantes tiveron lugar entre as 11 e as 12. Mañá, poderían volver producirse, xa que a feira continúa.