CRTVG

Buscar

A aparición do seu coche é a última pista do desaparecido en Viveiro hai 15 días

Publicado o 30/12/2019 14:35

Despois de 15 días, segue sen haber pistas sobre o paradoiro de Alejandro Meitín, o veciño de Viveiro desaparecido logo dunha cea con compañeiros de traballo.

O pasado venres era localizado o seu vehículo somerxido no porto deportivo da vila mariñá. Fontes policiais cualificaron de moi estraña a situación do coche, xa que tiña o freo de man posto, as luces de emerxencia activadas e as ventás baixadas. Por iso se cre que o automóbil, un Ford Fiesta gris, puido caer ao mar noutra zona e ser arrastrado ata o porto pola corrente.

Alejandro Meitín ten 34 anos, mide 1,83 e cando desapareceu levaba un pantalón vaqueiro, camisa a cadros e un anorak. Ademais, leva pendentes nas dúas orellas.

A Policía Nacional está a investigar a súa desaparición e non se desbota ningunha hipótese, incluso a dunha marcha voluntaria.

Noticias web

30/12/2019