A aparición de obxectos punzantes e raticidas alarma os propietarios de cans na Coruña
Publicado o 22/01/2020 14:39
Unha das últimas cadelas afectadas intoxicouse no parque de Santa Margarida. Aquí, comeu unha salchicha que tiña alfinetes dentro e que alguén deixou adrede. A piques estivo de morrer.
Neste caso, a cadela, que ten doce anos, recuperou ben. Pero non é un caso illado. Os cebos de comida envelenada, con obxectos punzantes ou cristais, repítense en varios parques da cidade. Unha rápida intervención é fundamental para salvar o animal.
Os donos das mascotas amósanse indignados.
Os expertos aconsellan denunciar todos e cada un dos casos e, ante a mínima sospeita de que o animal pode estar en perigo, acudir axiña ao veterinario.