CRTVG

Buscar

A AP-9 lidera as reclamacións de usuarios de autoestradas en España

Publicado o 25/01/2019 19:42

A AP-9 é, por quinto ano consecutivo, a autoestrada que acumula máis queixas de todo o Estado.

O encarecemento da peaxe, as retencións, os problemas para pagar coa tarxeta de crédito e a sinalización da vía son as principais causas do malestar dos condutores da AP-9. Son os datos dun estudo realizado polo Ministerio de Fomento que sitúa esta autoestrada, por quinto ano consecutivo, como a que acumula máis queixas de todo o Estado. A AP-9 acumulou 219 queixas nun ano, a segunda autoestrada con máis queixas, ten 46.

Audasa suma o seu quinto ano consecutivo como a concesionaria con máis queixas de toda España . O estudo sinala que o encarecemento da peaxe, as retencións e a sinalización da vía son as principais causas do malestar dos conductores. En total, as 31 vías analizadas no estudo suman case 800 queixas, delas máis de 200 son para Audasa. pola súa xestión da AP-9. 

O estudo realizado polo Ministerio de Fomento rebela que as reclamacións aumentaron un doce por cento entre 2016 e 2017, ano no que a concesionaria ingresou máis de 140 millóns de euros. 

Noticias web

25/01/2019