CRTVG

Buscar

A Anfac denuncia ante Europa o proxecto de lei balear que vetaría o diésel en 2025

Publicado o 17/01/2019 15:16

A patronal que agrupa as dezasete fábricas de coches instaladas en España denunciou ante a Comisión Europea o proxecto de lei de cambio climático que está a tramitar o Goberno balear. Propón que dentro de seis anos, no 2025, nin se vendan nin entren nas Illas Baleares ningún coche nin moto que funcione a diésel.

Os que xa circulan no arquipélago poderán seguir ata a fin da súa vida útil. Este mesmo veto estenderíase aos vehículos a gasolina, gas e híbridos a partir do 2035. Para a ANFAC esta norma supón un claro incumprimento do dereito da Unión Europea, por onde aínda seguirían circulando eses vehículos.

A Anfac cualifica de desproporcionada a proposta e asegura que xa se senten os efectos: din que o ano pasado a venda de coches novos nas Baleares subiu un 1,7 % cando a media nacional é do 7 %. A Federación de Concesionarios xa amosou o seu apoio a esta denuncia.

Noticias web

17/01/2019