CRTVG

Buscar

A ampliación do polígono de Balaídos enfronta o Goberno local coa oposición

Publicado o 21/02/2019 15:16

A factoría de PSA ocupa máis da metade do polígono industrial de Balaídos. O resto do espazo úsano principalmente provedores da firma francesa. O alcalde insiste en que a ampliación dos terreos é unha necesidade que lle transmitiu a empresa para achegar a industria auxiliar á planta.

Os patidos da oposición negan esta necesidade. O grupo En Marea acusa o alcalde de irresponsable. Desde o Partido Popular dín que Abel Caballero mente.

O alcalde dixo que seguirán adiante e solicitará a ampliación. Segundo a Xunta de Galicia, a dirección da empresa da planta de PSA en Vigo non trasladou a necesidade nin a urxencia de ampliar o polígono neste momento.

Noticias web

21/02/2019