CRTVG

Buscar

O berberecho supera os 16 euros o quilo ao comezo da campaña de marisqueo na ría de Noia

Publicado o 17/09/2019 14:59

Onte falabámoslles do comezo da campaña marisqueira na ría de Noia. Hoxe xa lles podemos asegurar que parece haber moito berberecho na ría.

Os mariscadores lograron apañar as cotas de trinta quilos en embarcación e vinte a pé en menos dunha hora. Máis difícil vai ser apañar ameixa nalgúns areais.

A calidade do marisco quedou reflectida nos prezos nas poxas. O berberecho chegou aos 16,30 euros o de primeira. A ameixa fina superou os 74 euros; a babosa, os 23, e a xaponesa vendeuse por riba dos 11 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/09/2019