A ambición do Deportivo Abanca ten a próxima parada en Huelva
Con un gol diante do Español na primeira xornada da Liga, Alba Merino facía historia para o Deportivo no estreno de categoría. Aí arrancaba unha xeira imparable de catro victorias das coruñesas en cinco xornadas de campionato.
O Deportivo Abanca lidera a clasificación en comandita co Fútbol Club Barcelona. Os mesmos puntos e con trece goles no peto. Co mesmo fútbol ambicioso que as levou ao ascenso e aprobando con nota a asignatura pendente do poderío físico.
As pinturas de guerra delas e deles xa van ras con ras. As diferenzas de verdade, non. As de salario e contratación seguen sendo enormes e poden levar a unha folga das futbolistas.
Onte rematou sen acordo a última xuntanza entre a patronal, os clubes, e as xogadoras. O paro da competición xa é unha hipótese más próxima e, mentres, o Deportivo a seguir a racha no torneo. Vindeira parada, Huelva, este sábado.