CRTVG

Buscar

A alta ocupación durante a ponte do Pilar constata a recuperación do turismo en Galicia

Publicado o 12/10/2021 14:37

É a imaxe que se repite estes días en moitos puntos da comunidade. Alta presenza de turistas que teñen claro o que buscan cando visitan Galicia.

"Boa temperatura, bo viño, bo polbo... qué máis se pode pedir", comenta un turista en Santiago. 

Aínda é cedo para o balance definitivo do turismo nesta ponte do Pilar. Pero as cifras de ocupación fan que o sector xa estea satisfeito, tal e como explica Cesáreo Pardal, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia: "Esta ponte vai rexistrar datos que non se vían despois da pandemia, cunhas ocupacións entre o 85 e 95 por cento no sector aloxamentos, e no da restauración tamén teñen uns bos índices de ocupación". 

Signos de recuperación que tamén permiten pensar no futuro con optimismo. "Queremos chegar a finais do 22 con eses case 5 millóns de turistas, e no 23 xa a recuperación total, cos datos do ano 19 que pechabamos con 5 millóns de turistas", di a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

E coa vista posta no turismo internacional. Malia que vai en aumento, o número de visitantes extranxeiros é aínda a metade que antes da pandemia.

Noticias web

12/10/2021