CRTVG

Buscar

A alta incidencia na área de Santiago anticipa medidas máis duras

Publicado o 08/01/2021 14:29

Os contaxios continúan aumentando na área sanitaria de Santiago de Compostela. Nas últimas 24 horas confirmáronse mediante probas PCR 139 novos casos e o número de infectados activos supera xa os 1.500. Unhas cifras moi preocupantes que poderían significar novas restricións.

Os cidadáns consideran que se deben endurecer as limitación para frear uns contaxios atribúen á relaxación que se produciu durante o Nadal.

Os hostaleiros e os comerciantes volverán ser os máis afectados. Din que xa están cansos de asumir sacrificios que non funcionan pola irresponsabilidade duns cantos.

Malia as críticas, aseguran que están dispostos a seguir cumprindo de forma escrupulosa as novas restricións para que a situación sanitaria mellore e deixar atrás canto antes a crise económica que nos trouxo esta pandemia.

Noticias web

08/01/2021