A UCI do Hospital de Ourense, libre de pacientes covid: Daniel foi o último paciente
Publicado o 22/10/2021 14:19
Daniel Martínez e a súa muller Isabel López, filla de galegos, chegaron a Ourense procedentes do Brasil o 13 de setembro para pasar as vacacións. Viñan con PCR negativas, pero 5 días despois Daniel era ingresado con covid na UCI do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Hai dous días que Daniel recibiu a alta e, coa súa marcha, outra boa nova: a UCI queda libre de pacientes covid. Despois do vivido, Daniel insiste na necesidade de ter precaución.
Agradecidos pola atención recibida, Daniel e a súa muller quixeron agasallar o centro hospitalario cun cadro do pintor ourensán Vidal Souto, amigo da familia.