CRTVG

Buscar

A alimentación pode suplir a carencia de vitamina D durante o confinamento

Publicado o 15/04/2020 21:20

A vitamina D é fundamental para que o noso organismo funcione correctamente. Pero tras un mes confinados nas nosas casas sen que nos dea a luz natural podemos presentar déficit da vitamina do sol.

"Se temos carencia de vitamina D pode afectar a absorción do calcio por iso na prevención da osteoporose é tan importante a vitamina D que tamén pode afectar no funcionamento do noso  sistema inmune", explica a nutricionista Lidia Folgar.

O 80 ou 90 por cento da nosa producción de vitamina D procede da exposición solar e só outro 10 ou 20% da alimentación. Necesitaríamos unha hora de exposición ao sol, directa non a través do cristal dunha ventá, para producir a que necesitamos. Como isto agora non é posible a única opción é incluir na nosa dieta productos ricos en vitamina D, sobre todo o peixe azul.

"Se tomamos unha ración de congro, xurelo, xarda ou palometa, xa cubrimos, pero se non facemos a compra a diario e non temos acceso a peixe fresco podemos substituílo por 5 lagostinos, unha culler de aceite de fígado de bacallau ou atún en lata", asegura Folgar.

Isto é especialmente recomendable no caso de persoas maiores, lactantes e embarazadas, persoas con obesidade ou aquelas tratadas con fármacos que producen mala absorción.

Noticias web

15/04/2020