CRTVG

Buscar

A alimentación é a única industria que aumenta as exportacións

Publicado o 25/05/2020 16:53

Foi o único en manter a demanda interna e o negocio exterior tras o peche de fronteiras. E non só o mantivo, senón que o sector alimentario galego disparouse e as exportacións creceron case un dez por cento, superando os 275 millóns de euros no mes de marzo. O sector da conserva lidera a alza nas vendas ao exterior.

Ao da conserva ségueo o sector lácteo galego, cun incremento do 25,2 por cento nas vendas a outros países e cun especial pulo da demanda na China. Tamén o sector cárnico ocupa os primeiros postos co porcino a cabeza seguido da carne de ave. Os expertos sinalan a capacidade das empesas galegas.

Os principais destinos das exportacións galegas seguen a ser os países europeos como Alemaña, Portugal, Francia e Holanda. Pero tamén destacan A China e O Canadá, onde se triplicaron as vendas.

Noticias web

25/05/2020