CRTVG

Buscar

A alcaldesa de Mos vincula os investigados polos recibos de auga falsos cunha trama política

Publicado o 02/07/2019 14:52

Novidades na investigación das facturas falsas de auga que recibiron os veciños de Mos durante a campaña das municipais. A alcaldesa, a popular Nidia Arévalo, vincula os dous investigados pola Garda Civil cunha candidatura rival, GañaMos.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, cualifica de trama política contra o Concello as accións que segundo ela se iniciaron hai un ano desde a Plataforma da Auga e da Vida, da que forma parte a Comunidade de Montes de Tameiga, cun obxectivo final claro: o cambio de alcaldía no concello de Mos. Nidia quixo comparecer hoxe para facer públicas as identidades das dúas persoas que están sendo investigadas, as dúas pertencentes a esta comunidade de montes.

A Comunidade de Montes de Tameiga foi consultada para unha posible resposta, pero optan polo silencio. De todos os xeitos, o caso segue o seu proceso no xulgado número 1 do Porriño despois de que uns días antes das eleccións municipais veciños de Mos con auga da traída recibiran facturas falsas dunha empresa ficticia con importe entre os 200 e os 500 euros.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019