CRTVG

Buscar

A alcaldesa de Marín, cabeza de lista do PP por Pontevedra, en substitución de Ana Pastor

Publicado o 07/10/2019 14:52

E María Ramallo será cabeza de lista do PP por Pontevedra, en substitución de Ana Pastor.

Ramallo é alcaldesa de Marín dende 2011, e nas últimas eleccións obtivo o mellor resultado para os Populares en Galicia. A candidata ten intención de compatibilizar o seu escano coa alcaldía.

O presidente provincial do PP felicitou a Ana Pastor pola súa designación como número dous por Madrid, e cre que contribuirá a mellorar uns resultados electorais sobre os que se amosa optimista.

Noticias web

07/10/2019