A alcaldesa da Coruña agarda pechar o goberno nos próximos días
Publicado o 18/06/2019 14:43
A alcaldesa da Coruña agarda ter o goberno pechado nos próximos días. Nunha entrevista no Bos días explicou que as negociacións co BNG e coa Marea Atlántica avanzan e pide deixar atrás os desencontros do pasado.
"Hai cordialidade e hai un bo clima nestas conversas que se están producindo nestes días, e penso que o que precisa A Coruña é un goberno estable, un goberno que xestione e que empece a traballar", dixo Inés Rey.