CRTVG

Buscar

A AIReF pide atrasar a idade real de xubilación e calcular a pensión con máis anos

Publicado o 09/01/2019 21:19

A Autoridade Fiscal pide atrasar a idade real de xubilación e calcular a pensión con máis anos cotizados. Tamén reclama que parte das cotizacións por desemprego se destinen a pensións. Asegura que o sistema de Seguridade Social acumula un déficit próximo ao 1,5% do produto interior bruto. Considera que ese burato podería corrixirse mediante axustes de ingresos e gastos que debería asumir o Estado.


 

Noticias web

09/01/2019