CRTVG

Buscar

Celébrase na Limia o primeiro concerto en vivo de Galicia logo do confinamento

Publicado o 13/06/2020 12:46

A Agrupación Musical da Limia ofreceu este venres o que pode ser o primeiro concerto en vivo dunha banda de música que se celebra en Galicia despois dos tres meses de confinamento polo estado de alarma. Baixo estrictas medidas de seguridade, máscaras e distancia social, os integrantes da agrupación ofreceron un recital con varias pezas, entre elas o "Negra Sombra" e o "What a Wonderfuld World". 

O acto tivo lugar na igrexa de Xinzo de Limia, e queren que sexa o primeiro paso para facer que todo volva a normalidade, xa que na banda son máis de 50 músicos e neste concerto participaron só 12 persoas con só tres ensaios previos.