CRTVG

Buscar

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago fai 25 anos

Publicado o 10/08/2021 14:25

A Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Santiago naceu en 1996, con máis ganas que medios. 25 anos despois, a vocación de servizo público e o compromiso dos seus membros segue intacta, pero dispoñen de mellores recursos, instalacións e formación.

É unha das agrupacións máis numerosas de Galicia, con 82 voluntarios agora, de idades e perfís moi variados. Tamén é a agrupación con maior número de mulleres voluntarias.

Unha exposición nun coñecido centro comercial compostelán repasa en imaxes o seu labor nestes 25 anos. Pero houbo dos acontecementos que os marcaron especialmente.

Esta mesma mañá os voluntarios colaboran na busca da muller desaparecida en Enfesta e outros fan labores de apoio na campaña de vacinación na Cidade da Cultura. A agrupación abre as súas portas a calquera que teña vocación de axudar. Quen o desexe pode contactar a través da súa páxina web.


 

Noticias web

10/08/2021