CRTVG

Buscar

A Agrupación Cinematográfica Galega impulsa un laboratorio de cine artesanal

Publicado o 11/01/2017 20:50

Contan con cámara de súper 8 e 16 milímetros, tanques de revelado, visionadoras e mesmo proxectores

A Agrupación Cinematográfica Galega impulsa en Vigo un laboratorio de cinema artesanal que abarca todo o proceso fílmico, desde a idea inicial ata a súa proxección. Contan con cámara de súper 8 e 16 milímetros, tanques de revelado, visionadoras e mesmo proxectores.

A Agruapción Cinematográfica Galega naceu en Vigo hai 3 anos e teñen catro liñas de traballo: a formación, o arquivo fílmico de cine doméstico, espectáculos de cine en locais e un laboratorio de cinema artesanal onde aspiran a abarcar, sen mediación dixital, todo o proceso. Non hai procesos mecánicos industriais.

Esta agrupación creou o arquivo galego de cine doméstico onde se poden ver un gran número de traballos que se pasou de súper 8 a dixital. Son documentos do máis variado dende retratos familiares, vodas ou viaxes.

O que move o laboratorio de cinema artesanal é recuperar e promover unha experiencia que o dixital non pode orixinar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2017