CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

A agredida en Silleda recupérase na casa mentres o home pasará a disposición xudicial mañá en Lalín

Publicado o 14/09/2017 14:18

O detido por agredir cunha navalla unha muller en Silleda pasará a disposición xudicial mañá en Lalín. Mentres, a vítima xa volveu á súa casa tras ser atendida das lesións que lle causou o home.

A Garda Civil aínda investiga as circunstancias nas que tivo lugar a agresión de onte neste piso en Silleda. O home, que foi detido pouco despois de ferir cunha navalla á muller, pasará a disposición xudicial nas próximas horas, previsiblemente mañá, en Lalín.

A vítima xa está na súa casa tras ser atendida de dúas feridas no Hospital Clínico de Santiago. Agardábana a súa irmá e a traballadora social do concello de Silleda, que presta asistencia á familia.

Os axentes descartan que se trate dun caso de violencia machista e pensan que unha discusión de tipo laboral puido derivar na liorta. O agresor e a vítima son de orixe marroquí e coñecíanse desde había tempo. Distintas fontes apuntan a que o home lle conseguira un traballo que ela deixara un mes despois de comezar. El vive coa súa muller na Estrada, e ela cunha filla e unha irmá menores de idade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí