'A afogada', unha historia de intrigas gañadora do Ánxel Fole de novela curta 2020
Publicado o 11/05/2021 09:33
A matemática Rocío Leira condúcenos a unha historia de intriga onde nada é o que parece. Con retratos psicolóxicos recollidos da realidade que nos rodea. O mal uso das altas capacidades, os malostratos ou as desavinzas familiares están agochados nesta narración curta que arranca na praia do Orzán, nunha noite de temporal.