CRTVG

Buscar

A afluencia de peregrinos no Camiño non cesa e empezan a verse máis estranxeiros

Publicado o 14/10/2021 16:40

A estas alturas do ano, mediados de outubro, a afluencia de peregrinos non cesa. E, a diferenza dos meses pasados, cada vez son máis os estranxeiros, desde México a Finlandia, que se animan a percorrer os Camiños. O tempo anima.

No Monte do Gozo este xoves víase un bo número de peregrinos de todas as idades e de moitos países, como as irmás finesas populares xa no Camiño por iren vestidas iguais. Selan as súas credenciais a piques de chegar ao Obradoiro. Un momento con certa carga emotiva.

Sorpresa para todos que a mediados de outubro siga habendo tanta xente no Camiño e tan bo tempo.

E postos a puntuar a experiencia, algúns chegan ao dez.

É evidente que o Camiño revive e, se se dubida das cifras, non hai máis que botarse a andar e comprobalo.

 

Noticias web

14/10/2021