CRTVG

Buscar

A afluencia aos ximnasios sobe coa fin das vacacións de Nadal

Publicado o 07/01/2019 14:35

As persoas inscritas van máis días ao ximnasio e utilizan máis as distintas áreas de exercicio ao longo do ano. Así é a rutina nas instalacións de Fontes do Sar, en Santiago, polo que nos conta o responsable deportivo. Di que tras as festas de Nadal hai máis movemento nas salas, pero non tantas matriculacións novas como antes.

Jesús Basanta, responsable deportivo de Fontes do Sar: "Hai un aumento en afluencia, en usos e en días, pero en altas non é como hai anos. A xente deuse conta de que a práctica de exercicio ten que ser un hábito diario ou semanal, non un obxectivo a curto prazo. Hai que facer exercicio e os resultados, chegan".

Esta mañá de véspera de volta ao colexio, a maioría eran usuarios que acoden ao ximnasio con regularidade, polo que buscamos ideas para quen poida estar pensando en estrearse nisto.

"Que empece pouco a pouco para non desanimarse e procure buscar unha actividade que che guste".

"Eu veño todo o ano. Os xeonllos non me aguantan moito, pero a máquina resiste todo o movemento que lle dea. Estou arredor dunha hora, porque o meu marido non aguanta máis e entón, acabo decontado". "O que se me dá mellor é a cinta de andar. Veño tres días á semana".

Polo que nos contan aquí, a afluencia de usuarios aumenta coa fin das vacacións escolares. Neste ximnasio, o tramo de idade máis numeroso é de entre 30 e 50 anos e a maioría vai a actividades dirixidas.

Noticias web

07/01/2019