CRTVG

Buscar

A afección do Deportivo non falla e o club xa supera os 20.000 abonados

Publicado o 13/08/2019 16:18

Como di o lema da campaña de abonados, o lume deportivista segue aceso. O fiasco de Mallorca non minguou a masa social. Pola contra, supera xa a barreira dos 20.000 socios. Mesmo mellora os números de hai un ano nesta data.

A fidelidade da bancada de Riazor mantense por riba dos fracasos deportivos. As peñas organizan xa os primeiros desprazamentos. En Segunda, coma en Primeira.

Xa que logo, Riazor volverá ser un dos campos máis poboados da categoría. Por riba de vinteún mil deportivistas podería tomar asento nas súas bancadas na estrea do domingo contra o Oviedo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019