CRTVG

Buscar

A afección do Celta, a mellor da Liga

Publicado o 02/05/2019 20:38

A liga e mais a asociación de Afeccións Unidas premiaron os seareiros celestes como a mellor afección da temporada. Un distintivo que se concede cada ano baixo a denominación Xogador 12.

A entrega do galardón, unha camisola con esta impresión, terá lugar este sábado antes do partido contra o Barça.

Escribá poderá contar para o encontro con Iago Aspas, que recibiu a alta médica tras a súa escordadura de ombreiro.

Tamén David Juncá volve estar dispoñible, superados os seus problemas musculares.

Noticias web

02/05/2019