A aeronáutica galega constata a súa reactivación e amosará as súas capacidades nun congreso en Vigo
Publicado o 09/09/2021 16:18

A industria aeronáutica galega comeza a recuperar o voo despois dun ano complicado debido á pandemia. Reactívanse proxectos que estaban parados nun sector que mantén o emprego en Galicia con 1.200 traballadores directos, e que afronta importantes retos. Sobre eles debaterase nun congreso que comeza o vindeiro luns en Vigo e onde se citarán líderes nacionais e internacionais desta industria.