CRTVG

Buscar

A Aemet advirte que o temporal Gloria será "extraordinario e histórico" no Mediterráneo

Publicado o 18/01/2020 21:49

Segundo a Axencia Española de Meteoroloxía o temporal Gloria será "extraordinario" e "histórico" no Mediterráneo e tamén no terzo oriental da península Ibérica. Os seus efectos comezarán a notarse mañá. O responsable é unha masa de aire polar que vai facer caer ata dez graos as temperaturas.

En Teruel e Zaragoza chegarán a 8 graos baixo cero e nevará a apartir dos 300 metros. No Levante e nas Illas Baleares as ondas do mar superarán os 8 metros, algo que non acontecía no Mediterráneo desde o 2017. O vento superará os 120 quilómetros por hora e as precipitacións intensas e persistentes chegarán a acumular 150 litros por metro cadrado.







 

Noticias web

18/01/2020