CRTVG

Buscar

A AEMET advirte de que a chuvia diminuirá en Galicia un 35% en 30 anos

Publicado o 19/07/2019 08:37

As precipitacións serán cada vez máis illadas, pero moito máis intensas. As temperaturas irán subindo, achegándonos a un clima mediterráneo

Nos vindeiros 30 anos a paisaxe de Galicia vaise parecer máis á do Levante. Con menos chuvia, sobre todo no sur, na provincia de Pontevedra. Máis aínda en Vigo. É a cidade galega en que máis se reduciu a chuvia nas últimas décadas e todo indica que aínda van seguir diminuíndo, ata nun 35 por cento. O mesmo efecto vaise notar no interior de Galicia, con máis secas pero tamén máis gotas frías e máis inundacións.

En 2050 na comunidade choverá 500 litros por metro cadrado menos. As temperaturas medias irán ascendendo: o noso clima será cada vez máis mediterráneo e menos atlántico. Por iso, os expertos advirten de que a auga é un recurso limitado. 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019