CRTVG

Buscar

A AECC leva 50 anos cambiando a historia do cancro

Publicado o 24/09/2021 15:20

Foi no ano 1971 cando a Asociación Española Contra o Cancro comezou a apostar pola ciencia e a investigación como elemento fundamental para avanzar na cura do cancro. Un momento en que a sociedade aínda non concibía o importante papel da investigación na mellora da calidade de vida e da superviviencia dos pacientes.

Determinadores tumores, como por exemplo o de mama, a supervivencia alcanza o 95 %, e é clave para conseguilo a investigación e a ciencia. Con todo, queren seguir achegando coñecemento naqueles tumores que teñen peor prognóstico, como poden ser os de páncreas ou fígado.   

Avances como os da medicina personalizada da man do doutor Carracedo, en tumores de colo e cabeza ou os test de sangue oculto nas feces, que hoxe é unha proba que permite detectar de xeito precoz o cancro de colon. Precisamente, no diagnóstico precoz está a clave.

Sen dúbida, a investigación será fundamental para o futuro dos pacientes e para alcanzar esa ansiada curación do cancro, e que a asociación quixo plasmar nunha exposición presentada hoxe no Centro Cultural da Fábrica en Oleiros.  

Noticias web

24/09/2021