A administración de lotería de Ribeira repartiu 600.000 euros esta fin de semana
Publicado o 20/10/2020 14:48
La Fortuna, así se chama a administración de lotería que nos últimos meses non deixa de dar alegrías aos ribeirenses.
O último premio que saíu desta oficina dérono o sábado, concretamente 600.000 euros repartidos entre os veciños da zona, aínda que este non foi o único que entregaron recentemente.
A maioría dos compradores son habituais do establecemento. Moitos veñen a diario, outros foron afortunados e recibiron un anaco doutros premios e algún mesmo tivo o décimo premiado nas mans.
Dende a administración cóntannos que esta chuvia de premios está a repercutir de maneira positiva nas vendas, que se están recuperando e agardan que se manteñan para o sorteo do Nadal.