CRTVG

Buscar

A acusada de matar o matrimonio que coidaba en Arzúa négase a declarar

Publicado o 21/10/2019 19:18

Ten 43 anos e unha enfermidade mental grave. Hai tres anos, durante un brote psicótico, asasinou os tíos do seu home e feriu o sogro. Na Audiencia da Coruña xúlgana agora por estes feitos. A fiscala pide para ela 43 anos de internamento nun centro psiquiátrico. A súa defensa, a libre absolución por enfermidade mental. Na primeira sesión do xuízo, a acusada acolleuse ao seu dereito a non declarar.

Os feitos aconteceron en Arzúa en xullo de 2016. Segundo a fiscala, a muller foi de madrugada á casa dos vellos, unha parella de 98 e 84 anos que ela coidaba habitualmente. E mentres durmían acoitelounos. Logo volveu á casa e feriu o seu sogro coa mesma arma.

A súa filla mailo seu home conseguiron inmobilizala e avisar os servizos sanitarios. Nun principio pensaban que só o sogro estaba ferido. Foi días despois cando atoparon os dous cadáveres.

O xuízo durará toda a semana.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019