CRTVG

Buscar

A Revista FDS

A actualidade do cine con Moncho Lemos

Publicado o 29/11/2014 13:36
Alumeado nas rúas, escaparates con moitos brillos... xa temos o Nadal enriba, e tamén se nota nas salas de cine. Así que hoxe toca falar de películas amables...con quen?? Pois con Moncho Lemos, bos días..

ESTREAS

-"MORTADELO Y FILEMÓN, CONTRA JIMMY EL CACHONDO". Dirixida por Javier Fesser. Viramos con axentes da Tía de carne e óso, pero agora veñen en animación. De todas as versións que vimos, é a que mellor transmite a sensación de estar lendo un cómic de Ibáñez. Transmite a sensación de personaxes tolos de Ibáñez. Vemos reflectidos coma semre nese universo os tópicos españois, como cales??

-Pasamos dunha de animación para todos os públicos, a unha de animación para os máis pequenos. "LOS PINGÜINOS DE MADAGASCAR, LA PELÍCULA", que é un spin-off de Madagascar, que xa tivera dúas entregas. E aquí os pingüíns fanse co protagonismo da película. Conservamos cousas deles que viamos na orixe. Partimos das orixes da amizade entre este grupo de animais, e despois xa vén a acción..Moitos gags e debuxos animados clásicos..


CINE DA CASA

-"CONTAXIO", hoxe pola noite..A historia de como se propaga unha epidemia, que nos lembra moito ao que pasou co ébola..Baseada en feitos reais. Non tivo moita repercusión, pero paga a pena recuperala. É de 2012, só polo director, Steven Soderbergh, e actores coñecidos ..Ten moito do cine de catástrofes..Parte científica e parte de caos na sociedade.

-Comezamos o mes de decembro, cunha desas que nos gustan, comedia romántica, con toque indie. Ademais, con trasforndo persoal entre os protagonistas.."SALVANDO AS DISTANCIAS".

-Rematamos co broche de ouro, mércores pola noite xa saben que toca repasar os grandes títulos do cinema galego dos últimos 25 anos. Esta semana toca "URXA", foi daquelas tres películas fundacionais do cinema galego con "Continental" e "Sempre Xonxa". Tres historias cun nexo común, que é unha bruxa, interpretada por Luma Gómez, moi coñecida entón no teatro. Historia sobre ambicións e a Galicia máxica. Foi das que tivo menos distribución, por iso paga a pena recuperala agora.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

29/11/2014