CRTVG

Buscar

A Revista FDS

A actualidade do cine con Moncho Lemos

Publicado o 31/05/2014 13:32
ESTREAS:

"Al filo del mañana", de Doug Liman. Reparto: Tom Cruise, Emily Blunt, Bill Paxton, Brendan Gleeson, Charlotte Riley, Lara Pulver, Jonas Armstrong, Lee Asquith-Coe, Tony Way, Kick Gurry, Dragomir Mrsic, Franz Drameh, Deborah Rosan, Natasha Goulden, Jeremy Piven. Sinopse: nun futuro non moi afastado, invade a Terra unha raza de extraterrestres invencibles. Ao comandante William Cage (Tom Cruise), un oficial que nunca entrou en combate encárganlle unha misión case suicuida e morre. Entra entón nun bucle temporal, en que se ve obrigado a loitar e a morrer unha e outra vez. Pero as múltiples batallas que libra fano cada vez máis áxil e eficaz na súa loita contra os alieníxenas. A súa compañeira de combate é Rita Vrataski (Emily Blunt), unha guerreira das forzas especiais.
-adaptación do manga de Hiroshi Sakurakaza

"Maléfica", de Robert Stromberg. Reparto: Angelina Jolie, Elle Fanning, Juno Temple, Sharlto Copley, Kenneth Cranham, Lesley Manville, Imelda Staunton, Miranda Richardson, Sam Riley, Peter Capaldi, Ella Purnell, Brenton Thwaites, Christian Wolf-La'Moy. Sinopse: é a historia nunca contada de Maléfica, a vilá máis querida de Disney, a mala de "Sleeping Beauty" (A Bela Dormente), o clásico de 1959. A película relata os acontecementos que endureceron o seu corazón e a levaron a lanzar unha maldición sobre a pequena Aurora.

CINE DA CASA:

"O Gran Torino"

"55 días en Pequín"

"Bandido"

"Invicto 3"
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

31/05/2014