A actriz e modelo galega Alba Galocha mergúllase no mundo da arte
Publicado o 16/07/2020 16:53
A actriz e modelo galega Alba Galocha mergúllase de cheo no mundo da arte. Algunhas das súas obras poden verse nunha coñecida galería en Madrid.
Inqueda e creativa, atrévese con teares, fotografías e debuxos. A inspiración di que a atopa nas súas viaxes e na propia natureza.