A actividade económica galega recuperouse en xullo, alentada polas exportacións
Publicado o 29/09/2020 14:45
A economía galega vaise recuperando, alentada polas exportacións. O indicador do Foro Económico de Galicia do mes de xullo mostra unha caída interanual do 5,1% na actividade económica galega.
Segue en negativo, pero o descenso é moito menor que en meses anteriores. Recupera máis de tres puntos con respecto a xuño. O estudo destaca o bo comportamento da produción de vehículos, cun incremento do 25%.